www.concellodocorgo.net

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Concello OMIX

Oficina Municipal de Información Xuvenil

Correo-e Imprimir PDF

 

A oficina municipal de información xuvenil é un servicio público e gratuito que o concello do Corgo pon á disposición da mocidade. Trata de informar , asesorar e dar resposta a todas aquelas cuestións que poidan resultar do interese dos xoves así como de outros sectores directamente relaccionados con estes (pais..)

Está integrada dentro da rede galega de información xuvenil ( www.rix.org ) e depende da Vicepresidencia para a igualdade e o benestar social.

SERVIZOS :

Pretende cumplir o seu cometido baseándose en respostas individualizadas e confidenciais e no estudio da poboación xuvenil desde diversas áreas:

  • No eido educativo( bolsas de estudo, matrículas, centros, residencias universitarias, carreiras, formación profesional..)
  • Traballo (emprego público, privado..)
  • Axudas e subvencións.
  • Tempo libre e ocio ( programas da dirección xeral da xuventude, viaxes, exposicións…)
  • Cultura ( certamen, premios, concertos, concursos, charlas, intercambios culturais..)
  • Temas sociais e saúde ( sexualidade, drogas, racismo, trastornos alimentarios..)
  • Voluntariado e asociacionismo.
Ademáis de contar co asesoramento necesario, os rapaces tamén poderán facer consultas a través de Internet, pois a oficina de información xuvenil comparte espacio no centro sociocultural co Telecentros e desde esta sala, calquer usuario ten acceso gratuitamente á rede, así como ás publicacións expostas
Telecentro

Na Omix dase información e tramítase o carné xove .Dirixido ós mozos/as de 12 a 25 anos inclusives. Os interesados terán que cubrir a solicitude, engadindo unha copia do D.N.I., unha fotografía e facer o ingreso bancario de 6 euros. Co carné entrégaselles unha guía para facer un correcto uso do mesmo. A súa vixencia é de 2 anos desde a expedición.

Ofrécese información sobre:

  • Outros carnés como o máis, o de estudiante, o teacher, ou o de alberguista da Reaj..
  • Distintos programas elaborados desde a Dirección Xeral de Xuventude, como o de 07´ski intro, xuventude Galicia net, xornadas..
  • Campamentos de verán e campos de traballo.
Desde a Omix organízanse diversas actividades onde os xoves son os protagonistas.(Cursos de informática, talleres de Nadal, excursións..) As datas tratan de adaptarse ó calendario escolar para facilitar unha maior participación

 

 

 
English Spanish Galician