www.concellodocorgo.net

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Novas Novas para os agricultores Orde do 11 de novembro

Orde do 11 de novembro

Orde do 11 de novembro de 2009 pola que se modifica a Orde do 27 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 10 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galicia e se convocan axudas para o ano 2009.

Diversas dificultades de carácter organizativo e técnico, así como atrasos producidos na recepción da documentación provocaron que a fase de instrución se prolongara máis alá das datas inicialmente previstas, afectando, en consecuencia, a resolución do procedemento.
Por tal motivo, cómpre ampliar o prazo de presentación da documentación de xustificación do cumprimento da finalidade para a que foron concedidas as axudas.

O pagamento das axudas realizarase con xustificación previa polo beneficiario do cumprimento da finalidade para a que foron concedidas, mediante a presentación dunha declaración do cumprimento da actividade obxecto da subvención, antes do 11 de decembro de 2009 nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Ver Orde completa
 
English Spanish Galician