Amplíase a dotación orzamentaria con fondos transferidos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño despois da correspondente xeración de crédito, segundo se establece no artigo 5 da Orde do 20 de marzo de 2009.
O incremento da dotación será con cargo á aplicación orzamentaria 49.04.741A.771.0 por un importe de 241.545 euros.
A ampliación de crédito prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 10 de xuño de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas previstas na mencionada Orde do 20 de marzo de 2009.Ver Orde completa



Novas 

