Esta orde ten por obxecto establecer as bases dun réxime de axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura, e proceder á súa convocatoria para o ano 2010.
Poderán optar ás medidas da axuda prevista no artigo 2º:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, inscritas no rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma, polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2009.
Os colmeares abandonados e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.
b) Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica de seu, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra a).
Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas explotacións, ben sexa a título individual ou ben como integrante dunha cooperativa ou organización representativa.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Ver orde completa

Novas