Orde do 30 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2010.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos polos danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2010.As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2009 ata o 30 de setembro de 2010.
Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que se produza algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou os propietarios de gando vacún leiteiro que teñan nas últimas 3 convocatorias de axudas un número de animais mortos superior a 5, por entender que non se adoptaron medidas preventivas.
O gando deberá pertencer a unha explotación incluída no rexistro xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto, agás no caso do gando cabalar, que soamente deberá estar identificado individualmente



Novas 