www.concellodocorgo.net

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Novas Novas para os agricultores Orde do 18 de decembro

Orde do 18 de decembro

Correo-e Imprimir PDF

Orde do 18 de decembro de 2009 pola que se modifica a Orde do 6 de agosto de 2009 pola que se regulan e se convocan as subvencións de apoio á viabilidade das explotacións leiteiras galegas, ampliando a súa dotación orzamentaria e modificando o límite establecido por quilo de cota.

Amplíase a dotación orzamentaria que se recolle na orde  do 6 de agosto de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 11 de agosto) pola que se regulan e convocan as subvencións de apoio á viabilidade das explotacións leiteiras galegas, nun total de catro millóns catrocentos setenta e un mil douscentos dezaseis euros con setenta e oito céntimos (4.471.216,78 €), na aplicación orzamentaria 49.02.712B.772.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

As axudas establecidas nesta orde consistirán nunha subvención aos titulares de explotacións leiteiras que cumpran os requisitos establecidos no artigo 2.1º desta orde. Para a determinación do importe unitario, que poderá chegar ata 1,1 céntimo por quilo, procederase ao rateo do importe global da dispoñibilidade orzamentaria prevista nesta orde entre os quilos de cota dispoñible, en 31 de marzo de 2009, polos solicitantes. O importe unitario resultante por quilo de cota repartirase entre os beneficiarios en función dos quilos de cota dispoñible polo solicitante en 31 de marzo de 2009, cun importe máximo de 7.500 euros

A ampliación prevista nesta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 6 de agosto de 2009.
Ver orde completa
 
English Spanish Galician