O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:
- Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
- Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
-Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando cando menos o 50% do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citas.
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios das axudas expostas nesta orde, os propietarios particulares, as agrupacións dos ditos propietarios, as cooperativas agrarias, os proindivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas con personalidade xurídica e as comunidades de montes veciñais en man común.
Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 14, segundo o tipo de beneficiario:
1º Propietarios particulares de xeito individual: 20%.
2º Agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, proindivisos, as entidades locais, comunidades de bens e outras persoas xurídicas: 40%.
3º C.M.V.M.C. con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas: 20%.
4º C.M.V.M.C. con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas: 20%.
Dentro de cada tipo de beneficiario, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito.
A orde recolle as superficies forestais mínimas e máximas para solicitar axudas.
Os beneficiarios das axudas comprometeranse expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.



Novas 


